Convertíuse nun comunicador do vivir cotián dos galegos do exterior, da emigración, da diáspora, a quenes retratou nos seus libros "Galegos en Catalunya". Alleo á liña espida dos intereses enfrontados. Ben recibido en tódalas Asociacións socio-culturais, cuxas Xuntas Directivas, en datas significativas, recoñeceron o seu traballo no eido da cultura e agradeceron o servicio prestado.- "O Penedo" -Fogar Galego, despois que Rodríguez López viaxou cara o Alén, visitou o Cemiterio de Adai, na compañía da súa dona Irene e fillos, para ofrendarlle o seu recordo inesquecible.