Manuel Rodríguez vive para sempre entre nós, pois acadou a inmortalidade co seu labor. Aquí está a confirmación do dito: dous lustros despois, gracias ás súas inquedanzas e recollendo a súa testemuña, é posible continuar co seu ideario, permitíndonos a nós, responsables do Goberno municipal, desenvolver un labor de apoio ó feito cultural da nosa terra, á vez que concede a oportunidade a todos aqueles que como Manuel Rodríguez, teñen a grandeza de ser mestres da sociedade e gozan da sensibilidade necesaria para espertar a espiritualidade de cadaquén, convertíndoa na alma do pobo, que é a súa cultura.