Foi animador constante da vida cultural galega en Barcelona, mestre de tantos no exercicio da galeguidade, excelente poeta e narrador e, por riba de todo, un galego dos "bós e xenerosos" ¡Que Deus o teña nun recuncho do Ceo, esperando por nós, e que continúe aló facendo os seus versos, soñando coa Galicia ideal, traballando por ela, pois este traballo de amor pola Nosa Terra foi o seu exercicio constante ó longo dunha vida truncada cando máis fecunda podía ser.
Todos cantos fomos os seus amigos gardamos del a mellor lembranza, como home, como intelecutal, como escritor, como amigo. Traballou por todos nós, por facer realidade o soño dunha Galicia digna da súa historia. Somos moitos os que non o esqueceremos nunca
.