Nese agradecemento sempre incardino a figura de don Manuel Rodríguez López, xa que non concibiría a colectividade galega de Cataluña sen as súas crónicas daquelpresente que relatou para a prensa e que deron lugar a Galegos en Catalunya I-II. O presente de don Manuel Rodríguez López converteuse na base da historia dunha colectividade, como o definiu don Manuel Casado Nieto: “a pequena historia dun grupo humano que tivo nos seus momentos, ao compás do seu acontecer, un eco periodístico gardará de agora en diante unha certa unidade, e máis duradeira, nos andeis das bibliotecas”. Citando novamente a Casado Nieto en referencia a don Manuel Rodríguez: “e preséntanos diante das novas xeracións coma homes que souberon ser fieis á Terra en calquera circunstancia, a calquera hora”, fermosas verbas que reafirmo que, sen o esforzo persoal e familiar dun galeguista do talante de don Manuel, non conseguiriamos.