Foise sendo moi neno a Barcelona para disfrutar da compaña dos seus pais. A este respecto e tendo en conta a súa tenra idade ben se pode afirmar que Manuel Oreste Rodríguez López é un emigrante precoz, pero non por vocación senón por necesidade (...) Quizais esas circunstancias e a súa innata capacidade para penetrar nos sentimentos e sofrementos dos seres máis cercanos, unida á súa experiencia vital, fan de Manuel un gran observador, pensador e poeta que canta nos seus versos as necesidades das xentes máis humildes, dentro dunha sociedade caracterizada polas desigualdades, a pobreza e a inxustiza. Asumida así esa realidade, o gran poeta de Paradela, de alma limpa, ou a plasmaba nos poemas ou rebentaba. Optou por facer o que todo home de ben faría: defender os máis humildes, “chorar” as inclemencias dos emigrantes e fustigar sen demasiada acritude á clase opresiva.