Vés al contingut

El Projecte Manuel Rodríguez López

MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, a dicir de Méndez Ferrín na súa tese “De Pondal a Novoneyra”, é o máis importante poeta obreiro da Galicia da segunda metade do século XX.

Nado en Paradela, moi neno foi cos seus pais para a emigración, e alí –Galego en Catalunya- desenvolveu unha moi importante carreira literaria que culminou na súa etapa lucense ata o seu pasamento o 13 de febreiro de 1990. O Concello de Paradela teno nomeado “Fillo Predilecto”, e para el preténdese a dedicación do “Día das Letras Galegas” para 2014 (80 anos do seu nacemento) ou 2015 (25 anos da súa morte).

GaliciaDigital está a promover unha campaña de difusión da vida e obra de Manuel Rodríguez López, que conta cos seguintes apoios:

  • Familia de Manuel Rodríguez López
  • Concello de Paradela
  • Concello de Lugo
  • Deputación Provincial de Lugo – Vicepresidencia
  • Xunta de Galicia - Secretaría Xeral de Política Lingüística

A Campaña vai constar das seguintes accións:

2012  Portal web (www.manuelrodriguezlopez.org) que recollerá a obra completa do autor e o máis salientable da súa existencia
2013 Versión do portal web en catalán
Folleto informativo
Exposición Itinerante
Campaña de difusión en Internet
Campaña en Internet e difusión por Galicia.
2014/2015 Publicación da obra completa de Manuel Rodríguez López
DVD homenaxe
Exposición Itinerante e Campaña informativa con Oficina Itinerante