Coñecín a Manolo nos anos 60-70, na Praza Real de Barcelona, onde se celebraban os mercados dominicais de Filatelia e Numismática, afición común de ámbolos dous. Ó saber que eu era de Lugo e que estudiara no seminario, volcouse en favorecerme, axudarme e aconsellarme. Sempre falabamos de Lugo, da súa Galicia, das súas xentes, e lograba transmitirme aquel amor pola terra que lle rezumaba polos poros. Tiña unha grande cultura humanística, froito dos seus estudios no Seminario. Un día chamoume o amigo común, Manolo Blanco, e díxome que morrera. Quedoume un grande vacío no corazón que aínda hoxe, ó lembralo, sobrecólleme. Perdera ó poeta e ó amigo.