Ir o contido principal

Presentación do Proxecto MRL

MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, a dicir de Méndez Ferrín na súa tese “De Pondal a Novoneyra”, é o máis importante poeta obreiro da Galicia da segunda metade do século XX.

Nado en Paradela, moi neno foi cos seus pais para a emigración, e alí –Galego en Catalunya- desenvolveu unha moi importante carreira literaria que culminou na súa etapa lucense ata o seu pasamento o 13 de febreiro de 1990. O Concello de Paradela teno nomeado “Fillo Predilecto”, e para el preténdese a dedicación do “Día das Letras Galegas”.

GaliciaDigital está a promover unha campaña de difusión da vida e obra de Manuel Rodríguez López, que conta cos seguintes apoios:

  • Familia de Manuel Rodríguez López
  • Concello de Paradela
  • Concello de Lugo
  • Deputación Provincial de Lugo – Vicepresidencia
  • Xunta de Galicia - Secretaría Xeral de Política Lingüística

O Proxecto consta das seguintes accións:

2012  Portal web (www.manuelrodriguezlopez.org) que recolle a obra completa do autor e o máis salientable da súa existencia
2013 Versión do portal web en catalán
Publicación de Folleto Informativo
Exposición Itinerante
Campaña informativa con Oficina Móbil
2014

Publicación da obra completa de Manuel Rodríguez López en Internet
Publicación de Folleto Completo
Publicación de Antoloxía Poética
Exposición Itinerante
Campaña informativa con Oficina Móbil

2015/... Publicación da obra completa de Manuel Rodríguez López
DVD homenaxe
Exposición Itinerante
Campaña informativa con Oficina Móbil